Rúa Nova / A Estrela


A Rúa Nova comeza na confluencia da Rúa Real co Cantón Grande e remata en San Andrés, e a Rúa da Estrela parte da Rúa Nova e vai ata a de Santa Catalina.

Algúns cronistas da cidade como Juan Naya atribúen a nomenclatura destas rúas á presenza de poboación xudía nesta zona da Pescaría. Está documentado que os xudeus ocuparon espazo nos arredores da Porta de Aires e na zona de A Rabiada, onde despois estaría o barrio de Santa Lucía. A súa presenza na Coruña é anterior ao século XII, se ben os primeiros datos documentais son de finais do século XIV e o maior número de documentos son do século XV.

Entre as súas actividades económicas, os xudeus coruñeses aparecen dedicados á recadación de tributos, préstamo, e actividades comerciais, en gran parte vinculadas ao tráfico marítimo, así como a oficios como o de prateiro e ourive Biblia Kennicott, hoxe custodiada na Biblioteca Bodleain de Oxford, foi escrita e alumeada na Coruña en 1476, é e considerada unha obra cume da ilustración medieval.

Dende a Rúa Nova partían as dilixencias que ían a Madrid e a Santiago no século XIX, e aínda a principios do século XX, partían de alí os coches de liña que saían da cidade. Era unha zona de tránsito e enorme actividade no centro, onde estaban a maioría dos hoteis destinados a satisfacer a demanda do crecente desenvolvemento do turismo e da actividade comercial.