Alameda


Une o Cantón Pequeno coa Rúa San Andrés.

No século XVIII era un espazo contiguo á muralla que marcaba o límite da Pescaría, no que estaban a cabalerías e posteriormente as cortes de animais de tiro utilizados para o transporte, mentres na Rúa Hortas estaban as cocheiras de carruaxes. Por entón chamábase Rúa das Bestas, mais en 1876 pasa a ser Rúa Alameda.

O novo nome era unha herdanza da rúa paralela, que se abría na liña da muralla derrubada  e pasaría a chamarse Juana de Vega. Os álamos aos que fai referencia a nomenclatura foran plantados nesa vía, e eliminados cando se ampliou. Na actual Rúa Alameda nunca chegou a haber árbores. Pola contra, no século XIX moitos dos solares da zona pasan de uso agrícola a ser edificados.