Oliva

Une as rúas da Franxa e a Florida.

É unha das vías que sufriu varios cambios de denominación. Anteriormente chamábase rúa Borbón, por un veciño que fora aforcado en 1823 polas súas ideas liberais. Acusado xunto con outros dun crime violento en alta mar, foi executado e condenado a que a súa caveira fose exhibida nun lugar público durante catro anos.

En 1968, despois da Gloriosa, pasou a chamarse rúa do Olvido, quizais pensando que o nome Borbón facía referencia á dinastía monárquica.

En 1874 restaurouse a monarquía co rei Alfonso XII, mais a rúa non recuperou o seu nome, senón que pasou a chamarse rúa da Oliva, a mesma denominación doutra próxima que desaparecera había anos.