Mantelería

Une a rúa da Estrela con San Andrés.

O seu nome débese á Real Fábrica de Mantelería que se instalou a principios do século XVIII na rúa San Andrés.

A Coruña e a súa comarca constituíron o primeiro centro téxtil de Galicia dende o século XVII

Os flamencos Adrián de Roo e Baltasar Kiel instalaron en Sada tres fábricas de mantelería, material naval e pano inglés. A fábrica de mantelería fina acabou atendendo dende A Coruña á demanda da Casa Real, que se converteu no seu principal cliente.

Adrián de Roo apareceu morto nunha das fábricas de Sada, e a Real Mantelería foi pasando de xeración en xeración sendo obxecto de disputas polo seu control. 

Diversas causas foron levando á crise desta industria, entre elas a competencia da Real Fábrica de Lencería de San Ildefonso. En 1808 a crise é definitiva e o exército francés que invadiu Coruña instálase nas súas dependencias. 

Despois do desmantelamento da fábrica, no mesmo solar construíuse o edificio da Compañía Telefónica, inaugurado en 1930.